Na sétima rolda do Campionato de Mundo o xogador da Escola Luguesa de Xadrez enfrontábase contra o Danés Liu Casper. O xogador Danés a pesar de non ter ránking internacional, estaba a facer ata o momento un bo torneo, lograra puntuar contra varios xogadores con ránking internacional.

Como está a ser habitual durante o torneo cando xoga con brancas o xogador lucense xoga dúas casas o peón de rei, querendo levar a partida a un xogo aberto e directo. O xogador danés xogou unha defensa rusa. A defensa rusa é unha defensa moi clásica que se xogou en moitos campionatos do mundo porque é moi sólida para o negro.
Pablo despois de poucas xogadas logrou ter unha clara vantaxe a que lle supuxo gañar un peón. A este nivel, un peón é unha vantaxe moi grande que o máis normal é que supoña a partida.
Despois da partida de onte, Pablo non se confiou e xogou con moita precaución, foi cambiando pezas e entrou nun final cunha vantaxe decisiva. Foi apertando aos poucos a posición do seu rival e logrou finalmente levar a vitoria nesta sétima rolda.
O xogador da Escola Luguesa está a demostrar unha gran seriedade en todas as partidas, e as súas partidas están a durar unha media de catro horas, o que demostra a gran igualdade e dureza que se vive nun Campionato do Mundo onde o torneo dispútase once roldas. Os xogadores ademais de ter que ter unha boa preparación teórica deben estar fisicamente nunhas boas condicións para lograr soportar un torneo tan duro.
Pablo López leva na actualidade tres puntos e medio de sete, e mañá xogará a oitava partida do Campionato do Mundo.
Mañá xogará a sétima partida do Mundial.
Máis información resultados e emparellamentos: http://chess-results.com/tnr187417.aspx?lan=1&art=0&turdet=YES&flag=30&wi=984

Páxina oficial: http://www.wycc2015.org/