SIMULTÁNEAS DE XADREZ DE PABLO LÓPEZ CONTRA A DROGA

simultaneas pablo lopez leymaPablo López sexto no Campionato do Mundo Sub 14  dará unha simultáneas contra a droga

A  Escola Luguesa de  Xadrez, a Asociación Cultural  Xaquedrum súmanse á campaña “Alimenta  teu  espirito de superación!!!”, campaña contra as drogas, que leva a cabo Leyma en toda Galicia. Nesta iniciativa colaboran a Excma  Deputación de Lugo,  Concello de Lugo, El Progreso, Cadena Cope e a Cadena cien.

As simultáneas levaraas a cabo o mozo xogador da  Escola Luguesa Pablo López que acaba de quedar sexto no Campionato do Mundo de xadrez lóstrego na categoría  sub 14 xogado este mes en  Salobreña. levarán a cabo o venres 27 ás 18 horas nos salóns da Gasolineira  do Miño.

As simultáneas serán para quince xogadores, serán abertas e gratuítas a todos e todas as interesados en participar nesta interesante iniciativa. Para inscribirse pódese facer no email xaquedrum@gmail.com ou chamando ao 657974937.