TORNEO  FESTA FINAL

 

O Concello de Lugo, a Asociación Cultural Xaquedrum, a Escola Luguesa de Xadrez coa colaboración de Sogama, El Progreso, Telelugo, Confecciones Yute e Fornos Fernando Valín, organizan o Torneo de Festa Final ao xadrez.

 

Celebrarase na Praza Anxo Fernández Gómez –detrás do Concello de Lugo- o sábado 7 de xuño pola tarde de 16.30 h. a 19:30 horas. En caso de mal tempo, o torneo trasladarase ao Centro Xuvenil Lug 2 e a Asociación Cultural Xaquedrum anunciarao na súa páxina web e no facebook da entidade.

Os interesados en participar no torneo deberán realizar a inscrición,  entregando o formulario o monitor do colexio  ou escribindo un email a xaquedrum@gmail.com.

O torneo será totalmente de balde e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect.

A inscrición poderase realizar ata o 5 de xuño ás 16 horas, os que non se inscribiron neste prazo non poderán participar.

Xogarán os 120 primeiros inscritos.

Neste torneo haberá seis categorías:

  • Menores de 8 anos.
  • Menores de 10 anos.
  • Menores de 12 anos.
  • Menores de 14 anos.
  • Menores de 18 anos.
  • Categoría familiares ou acompañantes que non xogaran en federados.
  • Categoría de familiares ou acompañantes.