Torneo Xadrez Cidade de Lugo ESCOLAR
O Concello de Lugo, a Excma. Deputación de Lugo, Asociación Cultural Xaquedrum, a Escola Luguesa de Xadrez coa colaboración de El Progreso, Telelugo, cadena Cope, Cadena Cien e o Instituto Leiras Pulpeiro, organizan o Torneo de Cidade de Lugo Escolar.
Celebrarase no Instituto Leiras Pulpeiro, Rúa Orquídea, 45, o vindiero domingo 15 de decembro pola tarde de 16.15 h. a 20:00 horas.
Os interesados en participar no torneo deberán realizar a inscrición, entregando o formulario o monitor da Escola Luguesa de Xadrez o escribindo un e-mail a xaquedrum@gmail.com.
Os participantes teñen que estar federados nalgún equipo, se non está federado a Escola Luguesa de Xadrez o federará gratuitamente no seu clube.
O torneo será totalmente de balde e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect. Trofeos para os tres primeiros de cada categoría e detalles para todos e todas os participantes.
A inscrición poderase realizar ata o 13 de decembro ás 20 horas, os que non se inscribiron neste prazo poderán non participar. Importante. Límite de inscritos é de 100 xogadores. Por estrita orde de solicitude.
Na zona de xogo só poderán entrar os xogadores do torneo.
Neste torneo haberá as seguintes categorías
Sen elo fide | Con elo Fide |
Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16 | Absoluta e Sub 14 |