A Concellería de Educación, organiza en colaboración coa Asociación Cultural Xaquedrum, Sogama, Telelugo, Confecciones Yute e o diario El Progreso unha nova actividade que terá como protagonistas o xadrez e a lectura.

DSCF7092

A actividade consiste en partidas de xadrez guiadas por monitores no taboleiro xigante da Praza Maior entre o día 2  ó 6  e do 9 ó 12 de xuño desde as 17:00 ata as 19:30 horas. O seu obxectivo é achegar aos cidadáns o deporte do xadrez e promover a súa práctica a través de torneos e do ensino das súas técnicas.

Ademais, se o tempo o permite, instalarase tamén o baúl viaxeiro para que os que se acheguen ata a Praza Maior podan ler mentres agardan para xogar ou simplemente polo pracer da lectura. Estas actividades que están orientadas a ofrecer unha alternativa de ocio educativo aos nenos e maiores.

Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa. Tense prevista a participación de Xaquedrim, a nova mascota de Xaquedrum, algún dos días que dure a actividade.