xadrez na rúa2

Xadrez na Rúa

Esta actividade levase a cabo na praza maior desde o 12 de setembro até o 29 de setembro. De luns a venres desde as 17 horas ás 20 horas. Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa.

Co fin de dar alternativas de lecer deportivos en espazos públicos. Preténdese levar a cabo unha serie de campañas de promoción durante o mes de setembro na praza Maior. Ao mesmo tempo, preténdese facilitar a conciliación da vida laboral e persoal dos pais.

Instalarase un xadrez xigante, varios xadreces convencionais.

Desta forma os que queiran poderán xogar ao xadrez, aprender as normas básicas do xadrez, xogar no xadrez xigante.

Os principais obxectivos que se perseguen con esta iniciativa, son:

• Fomentar actividades educativas na cidade.
• Achegar o xadrez á cidadanía.
• Crear espazos para actividades deportivas en familia.
• Fomentar a convivencia dos máis novos e fomentar hábitos saudables.