A asociación Xaquedrum organiza dende torneos durante as vacacións e cursos gratuítos en colexios a partidas ao aire libre na Praza Maior e en Frigsa

O XADREZ volverá a ser protagonista esta primavera e o próximo verán na cidade grazas ao programa ‘Xadrez para tod@s’, que promoven a asociación Xaquedrum e o Concello, en colaboración con El Progreso,Telelugo

o, Fornos Fernando Valín, confeccións Yute e Sogama.

PEPE TEJEROEsther Muñoz y Pablo Castro presentaron ‘Xadrez para tod@s’.La concejala de educación, Esther Muñoz, y el presidente de Xaquedrum

, Pablo Castro, presentaron onte o programa de actividades que se realizarán ao longo dos próximos meses para fomentar esta actividade tanto nos colexios coma na rúa, a través de cursos, torneos ou partidas ao aire libre na Praza Maior e na piscina de Frigsa.

Muñoz destacou que este programa axuda a fomentar o xadrez entre nenos de 8 a 16 anos «como unha alternativa de ocio saudable e deporte de estratexia».

Pola súa banda, Castro sinalou que todas as actividades son gratuítas e que o programa arrancará co torneo de Semana Santa, que se celebra o domingo 27 de abril e ao que os interesados poderán apuntarse ata o día 24

Tras este campionato, ‘Xadrez para tod@s’ continuará coa actividade ‘Xaque nas aulas’, dirixida a alumnos de 3º e 4º de primaria, que chegará ao colexio de Paradai os días 22, 29 de abril e 6 de maio; ao de Albeiros os días 24, 28 de abril e 5 de maio, e aoQuiroga Ballesteros o 17, 18 e 19 de xuño. Tamén está previsto celebrar a partir de Semana Santa unha nova edición do CircuítoScacorum, que constará de tres torneos, así como as actividades ‘Xadrez na rúa’ e ‘Baúl viaxeiro’, que entre os días 2 e 13 de xuño, de luns a venres de 17 a 20 horas, organizará partidas na Praza Maior.

Xa nos meses de verán, entre o 1 de xullo e o 29 de agosto, de luns a venres, desenvolverase o ‘Verá Lúdico’, que levará os taboleiros ata a piscina descuberta de Frigsa, xa toda unha tradición do verán lucense.