Xaque nas Aulas unha iniciativa impulsada pola Concellería de Educación e a Asociación Cultural Xaquedrum e que conta coa colaboración de Sogama, El Progreso, Telelugo, Confecciones Yute e Casa Paco.
Participarón os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º do CEIP Albeiros. E participaron 69 rapaces e rapazas do centro.
Xaque nas aulas, son unhas xornadas de acercamento do xadrez nos centros públicos. Durante os días 5, 10 e 17 de xuño dous monitores de Xaquedrum deron clases aos escolares no horario lectivo.
É unha actividade de introdución ao xadrez deseñada exclusivamente para o alumnado de centros escolares de primaria, durante o horario escolar.
Foi dirixida por técnicos dá Asociación Cultural Xaquedrum e a Escola Luguesa de Xadrez, para realizar, ao longo de tres mañás, que lles permita a través de xogos, coñecer e gozar desta modalidade.
Ademais, as actividades van dirixidas a alumnos da Educación Primaria, onde os procesos de ensino e aprendizaxe baseados en xogos e deportes, adquiren unha especial transcendencia, sobre todo nos simbólicos e regulados (como o caso do xadrez) que axuden a procesos de desenvolvemento social e cognitivo, potenciando habilidades de pensamento abstracto e de respecto a normas e regras establecidas como base do propio deporte.
A metodoloxía dos cursos aos alumnos é participativa e onde o alumno vai aprendendo xogando e vendo os resultados da súa aprendizaxe. Levouse a cabo unha breve explicación e o alumno posteriormente xogaba e práctica os coceñementos adquiridos cos seus compañeiros.
Beneficios do xadrez:
Xunto ás razóns xa expostas, a continuación apuntamos outras que xustifican a realización do presente proxecto:
Existe unha opinión contrastada e xeneralizada de que o xadrez constitúe un magnífico exercicio formativo.
Tamén se ten a satisfacción de axudar a alumnos con problemas tantos físicos como psíquicos a integrarse a través deste deporte e que lle vai facer sentirse cómodo nun ámbito ajedrecístico e social. Tamén é de resaltar que encaixa perfectamente na educación para a igualdade, xa que está dirixido aos dous sexos por igual.
É un deporte que estimula o enorme valor educativo de saber gañar e perder e que a motivación aparece de forma case espontánea.
O xadrez desenvolve a agilidad mental e mellora as habilidades psico-sociais tales como a concentración, a intuición, a creatividade, a capacidade de síntese e a memoria.
Así mesmo, nos estudos realizados por expertos en psicología o xadrez estimula, desenvolve e disciplina a intelixencia afirmando que non existe ningún outro deporte – ciencia – xogo que se aproxime tanto á lóxica pura e á dedución propias do pensamento moderno. Este simple feito dá un enorme valor educativo ao xadrez.
Como complemento a estas razóns, dicir que o xadrez foi recomendado como asignatura nos plans de estudos da Educación Primaria e Secundaria pola UNESCO.