XII scacorum 2018XIITorneo Scacorum

A Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum en colaboración coa Deputación de Lugo, a Concellería de Deportes de Lugo, o grupo O Progreso, a cadea Cope, a Cadea Cen e a Consellería de Benestar dá Xunta de Galicia organizan a XII edición do Torneo Scacorum de Xadrez.

O torneo xogarase no Lug 2 do 28 ás 17 horas ata o domingo 30 de septembro. O torneo xógase a cinco roldas e será válido para ránking internacional, e repartiranse 1400 euros entre os mellores clasificados. A bases do torneo son:

BASES

DATA

28,29 e 30 de setembro do 2018

LOCAL DE XOGO

Albergue Xuvenil Lug 2. Pintor Corredoira. Lugo

CONCELLO
Lugo

RITMO DE XOGO:

90’ + 30” por xogada valedoiro para ELO FIDE

HORARIO DE XOGO:

Rolda    Data                               Horario

1            28 de setembro              17:00 horas

2            29 de setembro              10:00 horas

3            29 de setembro              16:30 horas

4            30 de setembro              10:00 horas

5            30 de setembro              16:30 horas

CARACTERÍSTICAS DO TORNEO:

  1. Sistema de xogo:Suizo a cinco roldas.
  2. Nº de participantes:Prazas limitadas.
  3. 3.      Desempates:Os desempates serán os seguintes.

1-En caso de empate (de catro xogadores o menos) no primeiro posto a 5 puntos, xogárase un armagedon de desempate entre os implicados ( por exemplo: 4 xogadores empatados, sorteasen cores e números e xogan cruzados (1-4,2-3),xogando a final os dous vencedores, rítmo: 5 minutos para brancas e 4 para negras, con taboas gañarían as negras)

2- Desempates:

*Bucholz Brasileiro (quitando o peor rival)

*Bucholz Total

*Maior número de partidas xogadas

*Maior Número de victorias

3-En caso de persistir o empate aplicarase o Resultado particular e xogador que levara as negras.

4.      Inscrición: no email  escolaluguesaxadrez@gmail.com o no WhatsApp 657/ 974937.

  1. Prezo inscrición:Inscripcións de 20 €.
  2. Data límite de inscrición:26 de setembro  ás 20 horas. Prazas limitadas.
    7.      Entrega de premios: O 30 de setembro  ás 20:30 horas.
    8.      Organización: Escola Luguesa de Xadrez e Asociación Cultural Xaquedrum
    9.      Tempo de demora: 1 hora.
  3. Os xogadores e xogadoras poderán pedir como máximo tres byes de medio punto ata a terceira rolda.

Nota: Os participantes no torneo autorizan a publicación de fotos, vídeos e dos seus datos persoais (listaxes de resultados, clasificacións, participantes, xogos, etc) nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento.

A inscrición no torneo leva aparellada a aceptación deste regulamento.
A organización resérvase o dereito de admisión.
A Organización resérvase o  dereito a modificar as bases do XII Torneo SCACORUM   sen outra obrigación que a de publicalas na páxina web do  torneo. Os premios non poderán ser modificados.

PREMIOS:

Total premios: 1400€

Os premios repartiranse por rigorosa orde de clasificación, e non son acumulables. Os premiados teñen que estar na entrega de premios o perden o dereito ao mesmo.

No caso de ter dereito a dous, levará o de máis contía e de ter o mesmo valor o do escalón máis alto. Faranse as retencións legais sobre os premios publicados.

Xeral
300€
200€
150€
100€
100€
  50€
Elo <1900
100€
Inscrición de balde
Elo <1700
100€
Inscrición de balde
ELO<1600
100€
Inscrición de balde
ELO<1300
100€
Inscrición de balde
ELO<1000
Inscrición de balde

Todos os participantes menores de 12 anos terán medallas.

 IMPORTANTE:

Faranse as retencións legais sobre todos os premios publicados

Total en premios  : 1400€.

Listados de inscritos: https://info64.org/xii-torneo-scacorum