41673881_2047767668591101_5458018931946029056_oPedro Fernández López Campión no Torneo Premundial de Xadrez Sub12

Gran actuación da delegación lucense no Premundial de Xadrez. Catro xogadores da Escola Luguesa de Xadrez desprazáronse a disputar o Campionato Premundial de Xadrez, que se disputou na localidade Coruñesa de Padrón, torneo organizado pola Federación Española de Xadrez e a Federación Galega de xadrez.
Neste campionato os campións lograban unha praza convidada ao Campionato do Mundo que se disputa en novembro en Santiago de Compostela. Os xogadores lucenses demostraron outra vez máis o gran momento que vive a canteira lucense.
Pedro Fernández era o quinto no ránking do torneo e un dos favoritos para levar o torneo e a praza ao campionato do mundo. Cun xogo moi sólido Pedro lograba chegar invicto á quinta e poñerse líder no torneo, liderado que non deixou desde este momento, na sexta rolda xogaba coa moza Paula e tras unha partida moi sólida os dous xogadores aceptaron táboas, na sétima rolda Pedro podía proclamarse campión a falta de dúas rolda pero tras unha serie de xogadas imprecisas quedaba peor contra Lucas e a pesar dunha gran loita co xogador de Fontecarmoa tiña que abandonar a partida, a pesar desta derrota Pedro mantiña o liderado pero só con medio punto de vantaxe. Tras dúas partidas de infarto e dúas vitorias de Pedro Fernández coas que lograba sete puntos e medio e proclamábase campión do Premundial Sub 12.
Ademais deste importante triunfo e da posibilidade de participar no Campionato do Mundo 2018 pero lograba subir máis de 30 puntos no ránking internacional o que demostra o gran momento de forma no que se atopa este mozo lucense. Outro dos xogadores da Escola Luguesa de Xadrez foi Uxío Vilariño que partía de cuarto na clasificación inicial na categoría sub 8, como campión galego actual partía como un dos claros favoritos. Tras lograr oito puntos de nove Usío quedaba de segundo tras o xogador catalán Xavier Vila que se impuxo en todas as partidas. Uxío tras este gran torneo logra subir 57 puntos no ránking internacional.
Os outros xogadores lucenses participantes foron en categoría sub 10 Pablo López que lograba 4,5 puntos e en categoría sub 12 Antón Vilariño que lograba 4 puntos e ascendía no ránking internacional 50 puntos.
En novembro dispútase o Campionato do Mundo de Xadrez e a Escola Luguesa está a facer as xestións necesarias para que Lugo estea representada polo menos por catro xogadores da Escola Luguesa. E ao mesmo tempo, Pablo Lopez Varela xa logrou a súa participación no Campionato do Mundo Sub 14 que se celebrará en Grecia.