Torneo Benéfico Cior Galicia

 O sábado 27 de setembro no  se leva a cabo o primeiro torneo Cior en Monforte de Lemos. O obxectivo é colaborar con esta importante entidade para que poida seguir desenvolvendo a súa actividade e ao mesmo tempo, promocionar o xadrez na cidade de Monforte de Lemos. Desde a nosa entidade colaboraremos na organización do evento e ao mesmo tempo, queremos levar unha expedición desde a Escola Luguesa de Xadrez. Como o torneo será pola tarde a nosa idea é organizar unha comida familiar entre todos os que imos da Escola Luguesa. Anímache pasaremos un bo día en familia e ao mesmo tempo, colaboraremos cunha entidade que fai un gran labor social.

Data: Sábado,  27 de setembro de 2018.

Local de xogo:

Centro do Viño da Ribeira Sacra

Sitio web:  htpp.//www.centrovino-ribeirasacra.com

Enderezo: Rúa do Comercio, 6, 27400 Monforte de Lemos (Lugo)

Teléfono:  982 10 53 03

Sistema de xogo:  Suizo a 7-8 roldas,  dependendo do número de xogadores.

Ritmo de xogo:  10 minutos + 2 segundos.

Horario de xogo:  presentación 15:45, 1ª rolda 16:10, clausura 21:30

Emparellamentos: Realizaránse mediante programa informático, non se admitirán reclamacions salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.

Participantes: Todos os xogadores deben estar federados, o torneo será válido para ELO FIDE de Xadrez rápido.

Inscricions/Donativo:  Xeral 10 €, sub-16 8 €, locais 5 €, gratis GM-MI. O abono da inscrición realizarase no local de xogo antes de comezar a 1ª rolda.

O xogador que non abone a inscrición antes da 2ª rolda, non será emparellado nas seguintes roldas.

Pódense realizar no email:

xaquedrum@gmail.com

ciormonforte@gmail.com

Nos teléfonos

657 974 937 XAQUEDRUM

674 802 230 CIOR GALICA

Data límite de inscripción ata o xoves  20 de setembro de 2018.

Desempates: Resultado particular, bucholz-1, bucholz total e progresivo. Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.

Premios:

Xeral Especiáis
1º Clasificado Trofeo Sub 16 Medalla
2º Clasificado Trofeo Sub 14 Medalla
3º Clasificado Trofeo Sub 12 Medalla
4º Clasificado Trofeo Sub 10 Medalla
5º Clasificado Trofeo Sub 8 Medalla

 

E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. Os premios non son acumulables e repartiranse por rigurosa orden de clasificación, no caso de optar a 2 levarase o de maior categoría.

Regras de xogo:

Aplicarase o especificado no apéndice A4 das leis de xadrez da FIDE para Xadrez rápido (partidas sen supervisión axeitada). Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. A

Inscripción no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes para publicar os seus datos personais ou fotografías nos diversos medios de comunicación ca organización considere oportunos pra difusión do evento (resultados, listados, clasificacions, partidas, fotos, etc…) A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sin mais aviso que a sua publicación na páxina web oficial.

 Organizador:

Asociación CIOR GALICIA

(Asociación de Prevención e Axuda aos Trastornos da Conducta Alimentaria)

 Colaboradores:       

Concello de Monforte de Lemos

Xaquedrum (Escola deportiva de Xadrez-Lugo)

Circulo Chantadino de Xadrez

Centro do Viño da Ribeira Sacra