I Maxistral Cidade de Lugo
A Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum, a Deputación de Lugo, coa colaboración do Concello de Lugo, El Progreso, Cadena Cope, Cadena Cien e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organizan o I Maxistral Cidade de Lugo.
O torneo disputarase no Albergue Lug 2. o torneo o xogarán dez xogadores e será válido para ranking internacional como tamén para a obtención de norma de Mestre Internacional da Federación Internacional de Xadrez. Cada xogador terá 90’ + 30” por xogada para levar a cabo toda a partida.
Os torneos maxistrais son torneos pechados, xeralmente a dez xogadores, cuxo obxectivo é que xogadores locais poidan xogar contra xogadores internacionais e vaia collendo experiencia internacional.
Os xogadores da Escola Luguesa de Xadrez que participan neste importante evento temos a Pablo López cunha clasificación internacional de 2156, Carlos Casares con 2128, Alejandro Domínguez 2386 e Rubén Domínguez con 2369.
Como xogadores máis destacados está o Gran Mestre Letón Ilmars Starostits con 2492, o Mestre Internacional Portugués Ventura Sousa e o Mestre Internacional de Aruvia Jael López con 2418 e o novísimo Mestre fide holandes Siem Van Dael con 2252 que este verán logrou quedar quinta no European Youth Chess Championship 2019 Open 16, empatado ao segundo posto con sete puntos.
E os demais xogadores convidados está o Mestre Fide da Coruña Jose Sande con 2245 e o Mestre Fide Murciano Aaron Alonso con 2247.
A entrada é totalmente gratuíta para que os espectadores que queiran animar ás promesas lucenses poidan facelo.
Horario de xogo:
Calendario
Rolda 1 09/02/2020 10:00
Rolda 2 09/02/2020 17:00
Rolda 3 10/02/2020 17:00
Rolda 4 11/02/2020 17:00
Rolda 5 12/02/2020 17:00
Rolda 6 13/02/2020 17:00
Rolda 7 14/02/2020 17:00
Rolda 8 16/02/2020 10:00
Rolda 9 16/02/2020 17:00
Emparellamentos, listaxe: https:// info64. org/i-pechado- cidade-de- lugo-de- xadrez